Bebel, Henrich

Bebel, Henrich

Humanista e escritor en lingua latina. É autor de numerosos libros de gramática, historia e política. Destaca, sobre todo, como compilador de proverbios alemáns na obra Proverbia germanica (Proverbios xermánicos, 1508). Como narrador publicou Facetiae (Brincadeiras, 1506), e no eido da poesía Triumphus Veneris (Triunfo de Venus, 1509).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Ingstetten, preto de Justingen, Suabia

  • Deceso

    Lugar : Tubingen