Becker, Howard
Becker, Howard
Sociólogo norteamericano. Contribuíu ao estudo do pensamento social coa obra Social thought from lore to science (Pensamento social de saber popular a ciencia, 1938), escrita xunto con Harry Elmer Barnes, e á teoría sociolóxica, eido no que destacan os traballos: Systematic sociology (Socioloxía sistemática, 1932) ou Modern sociological theory in continuity and change (Moderna teoría sociolóxica sobre a continuidade e cambio, 1957). Estudiou as diferencias entre dous tipos ideais de sociedade, a sagrada e a profana, que adaptou a partir da obra de Ferdinand Tönnies e da polaridade que estableceu entre comunidade e asociación.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Nova York -
Deceso
Lugar : Madison, Wisconsin