Becker, Jacques
Becker, Jacques
Realizador cinematográfico. Comezou como asistente de dirección de Renoir. A súa temática vai dende o policial ata o mundo da moda, pasando polas actividades campesiñas. Dirixiu, entre outras películas, Dernier atout (O último triunfo, 1942), Falbalas (Os volantes, 1944), Casque d’or (Casco de ouro, 1952), obra coa que se consagrou este director, Les aventures d’Arsène Lupin (As aventuras de Arsenio Lupin, 1956), Montparnasse 19 (1957) e Le trou (O buraco, 1960).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : París -
Deceso