Becket, Thomas san

Becket, Thomas san

Arcebispo de Canterbury (1162-1170). Educado no priorado de Meron, estudiou Teoloxía en París e Dereito en Boulogne. Foi nomeado chanceler real por Enrique II Plantagenet (1154), cargo dende o que desenvolveu unha política eficientemente regalista. En 1162 o rei fíxoo elixir para a sé primada inglesa, Canterbury, da que xa era arcediago, coa finalidade de ocupala con alguén afecto aos intereses da monarquía. Non obstante , enfrontouse co rei e rexeitou as Constitucións de Clarendon (1164). Forzados polo rei, os bispos condenárono no Sínodo de Northampton, polo que se tivo que exiliar, atopando refuxio na abadía cisterciense de Pontigny (Bourgonhe) dende 1164 ata 1170. De volta á súa sé, foi asasinado no altar da Catedral de Canterbury, sendo canonizado pouco despois (1173). Dende entón Canterbury converteuse nun importante centro de peregrinación. A súa festa celébrase o 29 de decembro, día do seu asasinato.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Londres

  • Deceso

    Lugar : Canterbury