Beda

Beda
[ONOM]

Prenome masculino que procede probablemente da forma xermánica badu ‘loita’. San Beda o Venerable (673-735) naceu cabo do mosteiro de Wearmouth, no que ingresou e se ordenou sacerdote, e chegou a ser un importante teólogo, historiador e comentarista bíblico e patrístico. A súa festividade celébrase o 25 de maio.