Bedford

Bedford

Capital do Bedfordshire, no sueste de Inglaterra, Reino Unido, situada á beira do río Ouse (74.245 h [1981]). É un mercado agrícola e un núcleo de industria lixeira, sobre todo de material agrícola e equipamento eléctrico. É a sede dunha das máis grandes escolas públicas de Inglaterra: a Bedford School, fundada en 1552.