beduíno -na
beduíno -na
(< ár badawī ‘que viveno deserto’)
-
adx
Relativo ou pertencente aos beduínos.
-
s
Individuo das tribos nómades ou seminómades beduínas.
-
s
[ETN]
Tribos nómades ou seminómades de orixe árabe, que habitan as estepas e os desertos do Oriente Medio e da África setentrional. Os beduínos posúen formas de vida e certas características étnicas comúns; sen embargo, non constitúen unha etnia particular. Menosprezan tradicionalmente o traballo manual, viven do comercio e a gandería e alóxanse en tendas. A súa organización social baséase na división en tribos (cabila), subdivididas en familias (‘aila) e gobernadas por un xeque (šayh). A poligamia dáse raramente. Os beduínos son musulmáns e practican un Islam moi influído por crenzas anteriores a Mahoma.