Beer Sheva ou Bě’er Šeba’
Beer Sheva ou Bě’er Šeba’
Capital do distrito Meridional, Israel (156.500 h [1997]). Cidade principal do Nègueb, é núcleo industrial e centro comercial e de servicios. A cidade moderna foi construída a partir de 1948. Durante a dominación romana foi asentamento dunha lexión e coñeceu un período de esplendor. Máis adiante, sen embargo, a súa importancia decaeu ata permanecer deshabitada durante moitos séculos. A comezos do s XX foi refundada polos turcos. Na división de Palestina de 1947, Bě’er Šheva’ foi incluída dentro da parte árabe, pero durante a guerra árabe-israelí do 1948 caeu en mans dos israelís, que a integraron no seu territorio.