Beerbohm, Max

Beerbohm, Max

Ensaísta, caricaturista e crítico literario inglés. As súas coleccións de caricaturas, recollidas en volumes dende 1913, fano o mellor continuador da tradición inglesa nesta arte. É autor, entre outras, das seguintes obras: A Christmas Garland (Garlanda de Nadal, 1912), The Works of Max Beerbohm (As obras de Max Beerbohm, 1896) e Seven Men (Sete homes, 1920).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Londres

  • Deceso

    Lugar : Rapallo