Begur
Begur
Municipio da provincia de Girona, Catalunya, no Baix Empordá, entre as estribacións da cordilleira pirenaica e o Mar Mediterráneo (3.039 h [1996]). A pesca e o comercio con América foron intensos durante o s XIX. O turismo é dende a década de 1960 a principal fonte de ingresos. Entre o seu patrimonio monumental destaca o castelo de Begur, mencionado xa no 1019, e a igrexa gótica de Sant Pere.