Behn, Aphra
Behn, Aphra
Escritora e feminista inglesa. Considerada a primeira muller profesional das letras no seu país, escribiu dezasete obras de teatro, trece novelas e varias coleccións de poemas e traducións. En 1670 representouse a súa primeira comedia: The Forced Marriage (Matrimonio forzado, 1671). A novela Oroonoko (1688), obra de tema antiescravista, anticípase ao realismo da narración inglesa posterior. Defendeu a autonomía da muller e o seu dereito a unha educación en igualdade de condicións respecto ao home.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Wye, Kent -
Deceso
Lugar : Londres