Behrens, Peter

Behrens, Peter

Arquitecto alemán. Situado entre o Posmodernismo e a primeira xeración chamada racionalista, foi un dos primeiros deseñadores industriais. Estudiou nas escolas de Belas Artes de Karlsruhe e Düsseldorf. Antes de se dedicar á arquitectura foi pintor, ademais de actuar nas artes gráficas cunha tendencia modernista. Foi un dos fundadores da Müncher Sezession (1893). En 1900 foi chamado por Ernst Ludwig, gran duque de Hesse, a Darmstadt, onde lle realizou a súa casa. En 1903 foi nomeado director da escola de artes industriais de Düsseldorf e en 1907 arquitecto e consultor da fábrica AEG en Berlín; nesta cidade ademais de construír fábricas, tendas e outros edificios, realizou obxectos de escritorio e electrodomésticos. O seu estilo, denominado ‘clasicismo rapado’, é monumental destacando a embaixada alemá en San Petersburgo (1911-1912) e as oficinas Mannesmann en Düsseldorf (1911-1912). En 1922 foi nomeado director da Escola de Arquitectura e da Academia de Viena e en 1936 da Academia Prusiana de Arte de Berlín. Foron discípulos seus Le Corbusier, Gropius e Mies Van der Rohe.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Hamburgo

  • Deceso

    Lugar : Berlín