Béjar
Béjar
Municipio do S da provincia de Salamanca, Castela e León, situado no límite coa de Cáceres, Extremadura (16.662 h [1996]). É cabeza de partido xudicial. O termo é accidentado: atravésao a serra de Béjar, estribación occidental da serra de Gredos. É un centro agrícola e, sobre todo, de industria téxtil tradicional (mantas). Entre o seu patrimonio monumental destacan o palacio dos duques de Béjar e as igrexas de San Juan, de fábrica gótica, e do Salvador, do s XVI.