Bela
Bela
Nome de varios antigos reis húngaros da dinastía Arpad. Bela I (1061-1063) consolidou o Cristianismo. Bela III (1173-1196) anexionou Dalmacia, Croacia e Bosnia. Bela IV (1235-1270), fillo e sucesor de Andrés II, tivo que abandonar temporalmente o país logo da gran derrota sufrida na ponte de Mohi, sobre o río Sajó (1241), loitando contra os mongois liderados por Bātū, que ocuparan Hungría ata a fin da primavera de 1242. Para a reconstrución do país asentou colonos estranxeiros, entre os que había comanos. No 1267, logo da revolta do seu fillo Estevo, viuse obrigado a publicar, con novos privilexios, a Bula de Ouro do 1222, que favorecía os grandes señores. Era irmán de Violante de Hungría.