Bela durminte, A
Bela durminte, A
[LIT/IMAX]
Conto infantil escrito por Charles Perrault e incluído dentro dunha serie publicada en 1697 co título de Contes de ma mère l’Oye (Contos da miña nai Oye). Tamén é o título dunha produción norteamericana de debuxos animados realizada en 1959 e dirixida por Wolfgang Reitherman, Eric Larson e Les Clark. Trátase dun dos filmes máis coñecidos da factoría Disney, con algúns personaxes e escenas emblemáticas. A filla dun rei, castigada pola maldición dunha fada mala, pícase cunha agulla dunha roca e queda durmida profundamente. Despertará grazas ao bico dun aposto príncipe.