Belarmino
Belarmino
[ONOM]
Prenome masculino procedente do apelido toscano Bellarmino. Podería proceder de Bell’arma ‘arma boa’ ou ser unha variante de Guglielmino (Guillermiño). San Roberto Belarmino (1542-1621) acadou popularidade como polemista e teólogo, e mesmo formou parte da comisión que xulgou a Galileo no seu primeiro proceso. A súa festividade celébrase o 17 de setembro. Este nome presenta como forma hipocorística: Belarmo.