Belas Letras
Expresión creada sobre o modelo de Belas Artes que se emprega dende o Renacemento para designar a arte da literatura, é dicir, a rama do coñecemento que propón a apreciación da beleza e da súa expresión artística por medio da palabra. O contido que designa a expresión é herdeiro do concepto latino das humaniores litterae que englobaba o estudo da retórica, a gramática, a elocuencia e a poesía, tomando como modelo os autores clásicos na procura do perfeccionamento nas artes da fala e da escrita. A finais do s XVIII, a expresión Belas Letras perdeu vixencia e subtituíuse polo termo literatura. Hoxe aplícase, nun uso arcaico, aos estudios de crítica literaria, aos ensaios e, de modo máis específico, ao achegamento aos autores clásicos dende a erudición histórica e filolóxica e a investigación científica.