Bellini, Vincenzo
Compositor italiano. Empezou a súa formación musical da man do seu pai, mestre de capela e profesor de música en Catania, para logo continuala no Conservatorio de Nápoles. Neste centro estreou a súa primeira ópera Adelson e Salvini, sobre un libreto de Tottola. Nas súas primeiras óperas, a voz humana afastouse da ornamentación recargada dos epígonos de Rossini e introduciuse nun mundo melancólico e pasional. Trasladouse a Milán e alí, en 1827, estreou a ópera Il pirata (O pirata), con libreto de Felice Romani. A partir desta data, a súa carreira profesional adquiriu un maior prestixio e foi un dos músicos máis cotizados da época. En 1833 trasladouse a París, onde trabou amizade con Rossini. Toda a súa obra caracterizouse por unha pureza da melodía e polas súas arias, nas que o bel canto estaba cheo de emotividade e sentimento. Entre as súas óperas destacan: Zaira (1829), I Capuletti e i Montecchi (Capuletos e Montescos, 1830), La sonnambula (A sonámbula, 1831), Norma (1831), Beatrice di Tenda (1833), I puritani (Os puritanos, 1835).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Catania -
Deceso
Lugar : Puteaux, París