Bello Diéguez, Xosé María

Bello Diéguez, Xosé María

Arqueólogo e director do Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón da Coruña. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, especializouse no megalitismo galego e na Coruña romana. Os seus traballos de campo máis salientables foron a escavación do dolmen de Dombate e da Torre de Hércules da Coruña. Froito destes traballos son as obras La cultura megalítica de la provincia de La Coruña y sus relaciones con el marco natural: implicaciones socio-económicas (1987), xunto con Felipe Criado Boado e José María Vázquez Varela, Galicia na prehistoria (1996), xunto con Antonio de la Peña Santos, La Coruña antes de Roma: prehistoria (1994), La Coruña romana y altomedieval: siglos I-XII (1994). Así mesmo, coordinou o volume Ciudad y Torre: Roma y la Ilustración (1991), e colaborou nas obras Fuentes para el estudo de la Torre de Hércules (1991), Patrimonio e cidade (1994), Arqueoloxía e arte na Galicia prehistórica e romana (1995), Los motivos geométricos en los grabados rupestres prehistóricos del continente europeo (1996) e El fenómeno megalítico en Galicia (1996). Colabora coas revistas Brigantium, Gallaecia e Intro, entre outras. Forma parte do equipo director das revistas Brigantium e El Escéptico. Dirixe, xunto con Begoña Bas e Beatriz Comendador, o grupo de investigación ‘Arqueoloxía experimental e etnoarqueoloxía’ do Museo de San Antón.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña