Bellpuig
Bellpuig
Municipio da provincia de Lleida, Catalunya, na chaira regada pola canle de Urgell, drenado polo río Corb (3.927 h [1996]). A agricultura é a base económica do concello, destacando os cultivos de cereais, forraxe, patacas e oliveiras. A gandería tradicional baséase no ovino, que aproveita os pastos naturais. Hai tamén gando bovino estabulado, orientado á produción leiteira e ás granxas avícolas. A industria está relacionada coa agricultura. No 1507 Ramón Folc de Cardona, vicerrei de Nápoles, fundou alí o convento franciscano de Sant Bartomeu; o seu sepulcro, mausoleo renacentista, obra de Giovanni Merliano de Nola, consérvase na igrexa parroquial de Sant Nicolau, logo do seu traslado dende o convento franciscano (1842).