Belmondo, Jean-Paul
Actor cinematográfico francés. Estudiou en París e traballou con cineastas prestixiosos do talle de Godard, Chabrol, Verneuil e Melville. Inicialmente inscrito no movemento Nouvelle Vague, participou, posteriormente, nun tipo de cine máis comercial, con comedias de acción feitas á súa medida. Traballou nos filmes: À pied, à cheval et en voiture (A pé, a cabalo e no coche, 1957), À double tour (Unha vida doble, 1959), À bout de souffle (Ó final da escapada, 1959), Cent mille dollars au soleil (Cen mil dólares ao sol, 1963), Pierrot le fou (Pierrot o tolo, 1965), La sirène du Mississippi (A serea do Mississippi, 1969), Peur sur la ville (Pánico na cidade, 1974), L´animal (O animal, 1977), Le Professionel (O profesional, 1981), Le solitaire (O solitario, 1986), Les cent et une nuits (As cen e unha noites, 1994) e Une chance sur 2 (Unha sorte para dous, 1998).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Neuilly -
Deceso
Lugar : Seine