belt*
belt*
s
m
[XEOG/AGR]
Termo inglés que significa cinto. Emprégase especialmente na xeografía económica e agraria para describir aquelas prácticas de utilización do solo nas que un determinado monocultivo se estende por un país ao longo dunha superficie que coincide máis ou menos cunha banda latitudinal. A expresión ten a súa orixe na descrición dos usos do solo tradicionais nos estados do centro e do medio-oeste dos EE UU onde, trala colonización do s XIX, se estableceron un Corn Belt (área onde predominaba o cultivo do millo), un Wheat Belt (área trigueira), un Dairy Belt (área gandeira leiteira) e un Cotton Belt (área algodoeira).