Belt ou Bælt
Belt ou Bælt
Brazo de mar que se estende entre o Mar Báltico e o estreito de Kattegat, e que comprende os tres estreitos principais daneses (Gran Belt, Pequeno Belt e Sund) que poñen en comunicación estas dúas áreas. O Gran Belt é o principal dos estreitos daneses; está situado entre as illas Fyn e Sjælland. O Pequeno Belt , o máis occidental, está situado entre a illa de Fyn e a península de Xutlandia.