Beltrán, Pedro

Beltrán, Pedro

Bispo da diocese de Tui (1487-1505). Cóengo na catedral de Mallorca e oidor da Audiencia dos Reis Católicos, foi nomeado bispo de Tui en 1487. Baixo o seu pontificado iniciou as obras da sancristía e da sala capitular, e renovou a capela maior eliminando as ábsidas románicas e construíndo as capelas de Santiago e san Pedro; nesta última atópase a súa tumba.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Llucmajor, Illes Balears

  • Deceso

    Lugar : Roma