Bembo, Pietro

Bembo, Pietro

Humanista. Secretario de León X. Latinista ciceroniano, historiador de Venecia e poeta petrarquista e neoplatónico. Destacou como filólogo coa súa obra Prose della volgar lingua (Prosa da vulgar lingua, 1525), onde defende o florentino como lingua literaria, fundamentándose nas obras de autores como Petrarca e Boccaccio. Con esa defensa da literatura en lingua vernácula no canto do latín, pretende alcanzar, no idioma italiano, a perfección lingüística que tivera a lingua clásica e que acadaran Cicerón e Virxilio.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Venecia

  • Deceso

    Lugar : Roma