Ben Hur

Ben Hur
[IMAX]

Produción norteamericana realizada en 1959 e dirixida por William Wyler. Interpretada por Charlton Heston, Stephen Boyd, Jack Hawkins e Hara Hayaret, é adaptación da obra homónima de Lew Wallace. Trátase dun dos filmes máis célebres da historia do cine, especialmente a escena das cuadrigas. Judá Ben-Hur, aristócrata hebreo, é inxustamente condenado, xunto coa súa familia, acusado polo seu amigo romano Messala. Nas galeras sálvalle a vida ao cónsul Quinto Arrio, feito polo que é recompensado co título de fillo adoptivo. Coa súa nova identidade volve na procura da súa familia. Vingarase de Messala humillándoo nunha carreira de cuadrigas. Foi unha das películas máis premiadas con Oscar (12) pola academia de Hollywood. Existe unha versión muda do ano 1925, dirixida por Fred Niblo.