Ben Jelloun, Tahar

Ben Jelloun, Tahar

Escritor árabe en lingua francesa. Licenciouse na Sorbonne en Psicoloxía Social. A súa obra narrativa trata o desenvolvemento e a miseria nos barrios periféricos de París, así como a relación e o desmembramento entre dúas culturas. Escribiu Harrouda (1973), La réclusión solitaire (A reclusión solitaria, 1976), Moha le fou, Moha le sage (Moha o tolo, Moha o prudente, 1978), La prière de l’absent (O rogo do ausente, 1981), La nuit sacrée (A noite sagrada, 1987), Premio Goncourt, Jour de silence à Tanger (Xornada de silencio en Tánxer, 1988) e L’angle aveugle (O ángulo cego, 1992). En 1998 publicou Le racisme expliqué à ma fille, unha obra na que amodo de diálogo expón un alegato en defensa da igualdade humana e en contra do racismo. Esta obra recibiu o Premio UNESCO (2000) e foi traducida a numerosos idiomas, entre outros ao galego (O racismo explicado á miña filla).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Fes