Benamejí

Benamejí

Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía, situado ao L do encoro de Malpasillo, sobre o río Genil (4.682 h [1996]). A súa economía é de base agropecuaria, destacando os cultivos da triloxía mediterránea (cereais, vide e oliveiras). As súas actividades industriais céntranse no sector alimentario. A vila, de orixe musulmana, sufriu entre os ss XIII e XIV os avatares das loitas entre os reinos de Castela e de Granada, sendo ocupada sucesivamente por Fernando III o Santo en 1240, por Ismail I ibn Faradj en 1323, pola Orde de Santiago en 1341, por Yusuf I an Nasir ibn Ismail en 1343 e, finalmente, por Pedro I o Cruel en 1361.