Bence-Jones, proteína de

Bence-Jones, proteína de
[BIOQ]

Tipo de albumosa, cun peso molecular de 25.000 unidades, que corresponde a un dímero das cadeas lixeiras das inmunoglubinas (λ2 ou x2). Descrita polo urólogo británico Henry Bence-Jones (1813-1873). Aumenta notablemente nos ouriños dos enfermos que padecen mieloma e pódese poñer de manifesto mediante a reacción chamada de Bence-Jones.

Palabras veciñas

Benavides, Manuel de | Benavides, Oscar Raimundo | Bénazéraf, José | Bence-Jones, proteína de | bencénico -ca | benceno | bencenoide