Cidade da chaira de Sharon, Israel, que constitúe un arrabaldo de Tel Aviv (130.500 h [1997]). A antiga Bene Beraq aparece mencionada na Biblia como centro dunha escola do Talmud.