Benedetto da Maiano

Benedetto da Maiano

Escultor e arquitecto italiano. Formouse co seu irmán maior Giuliano. Dedicouse preferentemente aos traballos en madeira e á escultura ornamental en mármore. En Florencia executou as obras máis representativas: San Xoán con putti (1476-1481), na porta da Sala dei Gigli no Palazzo della Signoria; o busto do comerciante Pietro Mellini e sobre todo o púlpito de Santa Croce (1472-1475), con cinco relevos sobre a vida de san Francisco. En 1489, seguindo directrices brunellescas, ideou o pazo que lle encomendou Filippo Strozzi en Florencia e, contra o 1490, construíu preto de Arezzo o pórtico de Santa María da Gracia.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Maiano

  • Deceso

    Lugar : Florencia