Benejúzar

Benejúzar

Municipio da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana, na comarca do Bajo Segura. (5.009 h [1996]). A súa economía é de base agropecuaria, de xeito que as actividades industriais se reducen á transformación dos produtos primarios. A práctica totalidade dos cultivos son de regadío, predominando os cítricos e as hortalizas. O 35,6% da súa superficie está dedicada á explotación forestal. Despois da expulsión dos mouriscos dos reinos da Coroa de Aragón en 1609, sufriu un esmorecemento do que tardou en recuperarse, malia a repoboación con colonos cristiáns en 1611. A vila foi destruída por un tremor de terra en 1829, sendo reedificada na beira oposta do río Segura.