Benetússer

Benetússer

Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana, ao S da cidade de València, formando parte da súa conurbación (13.961 h [1996]). O termo esténdese ao O do antigo camiño real de València a Alacant. A maior parte da poboación activa (o 49%) ocúpase no sector servicios. A industria acolle ao 44%: é un sector moi diversificado, con empresas das ramas da madeira, alimentaria, metalurxia, calzado, téxtil e confección, maquinaria, coiro, papel, caucho e química. Seguindo a tendencia das vilas que rodean València, a poboación incrementouse considerablemente pola chegada de inmigrantes, dende os 1.216 h de 1910. Os momentos de maior incremento foron as décadas de 1940 e de 1960. Na vila atopáronse varios restos romanos, aínda que a súa orixe é musulmana. Despois de ser conquistada polos cristiáns no s XIII, foi doada aos cabaleiros de Montpellier, permanecendo baixo o seu señorío ata 1351, que pasou a Giner de Rabassa. Do seu patrimonio arquitectónico destaca a igrexa de La Mare de Déu dels Socors, fundada como capela do castelo señorial en 1450; a fábrica actual, do comezo do s XVI, ten ornamentación de estilo gótico tardío. No s XIX construíronlle unha nova fachada e unha nova torre.