Bengala, A

Bengala, A

Publicación sindical que saíu en Cangas no mes de agosto de 1991. Foi subtitulada como “Confederación Xeral de Traballadores galegos. Integrante da CIG (Converxencia Intersindical Galega)”. Era o órgano de expresión e información para todos os afiliados e mariñeiros en xeral, editado polo Sindicato Mariñeiro Galego (SMG-CXTG). O consello de redacción estaba composto por Manolo Camaño, Carlos Balboa e X. Luís Caíño. Entre as súas seccións destacan “Tablas salariais”, “Convenios”, “Información sector pesqueiro”, “Cotizacións”, “Accidentes laborais”, “Dereitos laborais”, etc. O nome da publicación foi imposto por este colectivo, dado que a bengala fora o instrumento que utilizaron no ano 1988 como elemento de loita e defensa dos intereses mariñeiros, fronte á intransixencia dos armadores e á represión policial.