Benítez Eiroa, Esther

Benítez Eiroa, Esther

Profesora e tradutora literaria. Estudiou Filoloxía Románica e Italiana na Universidade Complutense de Madrid. Impartiu clases en distintos centros de estudo e na Facultade de Letras de Dakar (Senegal). É colaboradora de diversos medios de comunicación, entre eles, TVE. Foi secretaria xeral e presidenta da Asociación Profesional Española de Tradutores e Intérpretes. Traduciu ao español máis de cen obras literarias e ensaios de autores italianos e franceses como Boccaccio, Calvino, Zola, Maupassant ou Maquiavelo. Entre eles, I promessi sposi (Os noivos) de Manzoni. Obtivo en 1978 o Premio Nacional de Tradución Fray Luis de León, amais dun premio especial do Ministerio de Asuntos Exteriores de Italia e do Premio Nacional de Tradución ao conxunto da súa obra.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Ferrol