Benjamín, Walter

Benjamín, Walter

Ensaísta e filósofo de familia xudía. O seu pensamento está influído polo discurso de Lukács e Heinrich Ricker. Considérase como un dos membros da Escola de Frankfurt, aínda que mantivo numerosos desacordos con Adorno e Horkheimer polas distintas reaccións a Brecht, pola oposta valoración da música e polos diversos modos de entender o materialismo histórico. Desenvolveu o concepto de crítica, que considerou como inmanente a toda verdadeira obra de arte, en Der Begriff der Kunstkritik in der deutschen Romantik (O concepto da crítica da arte dentro do romanticismo alemán, 1920). Así mesmo é autor, entre outras, de Versuche über Brecht (Tentativas sobre Brecht, 1966) e Charles Baudelaire: Ein Lyriker im Zeitalter des Hochkapitalismus (Baudelaire: poesía e capitalismo, 1969).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Berlín

  • Deceso

    Lugar : Portbou