Benn, Gottfried

Benn, Gottfried

Poeta e ensísta alemán. Influído por Nietzsche, as súas primeiras poesías pertencen ao movemento expresionista. A súa lírica baséase na negación de todo elemento científico, sociolóxico ou psicolóxico dentro do poema. Publicou: Morgue (1913), Fleisch (Carne, 1917), Schutt (Ruínas, 1924). Defendeu o réxime nacionalsocialista en nome da crenza nunha orde demiúrxica: Der neue Staat und die Intellektuellen (O novo estado e os intelectuais, 1933), aínda que non participou na euforia nacionalista. Cría que a elaboración do material lírico debería posuír unha autonomía absoluta fronte a calquera outra actividade intelectual.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Mansfeld, Prusia occidental

  • Deceso

    Lugar : Berlín