Bennett, William Sterndale

Bennett, William Sterndale

Compositor e pianista inglés. Realizou estudios de violín, piano e composición na Royal Academy of Music, onde posteriormente (1837) exerceu como profesor. En 1849 fundou a Bach Society, de Londres, coa que organizou en 1854 a primeira audición en Inglaterra da Paixón segundo San Mateo. Sucedeu a Wagner na dirección da Philharmonic Society (1855) e foi profesor en Cambridge (1856). En 1866 foi nomeado presidente da Royal Academy of Music. Compuxo unha sinfonía en sol menor (1865), música para piano, de cámara e coral.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Sheffield, West Riding

  • Deceso

    Lugar : Londres