Benois, Aleksandr Nicolajevi

Benois, Aleksandr Nicolajevi

č (Peterburg 1870 - París 1960) Pintor, crítico e historiador ruso da arte. Exerceu unha grande influencia como membro do grupo editor da revista de arte Mir Iskustva (1898-1904) e colaborou na decoración e vestiario de óperas e ballets, especialmente para Diaghilev. Para os Ballets Rusos de París deseñou, entre outros, os decorados de O pavillón de Armida, As sílfides e Petrushka. Trala Revolución Rusa (1917) foi nomeado conservador de pintura do Museo de L’Ermitage; en 1928 estableceuse en Francia. Escribiu Os tesouros da arte rusa (1901-1902), Historia da arte rusa do s XIX (1902) e Historia da pintura (1912-1917).

Palabras veciñas

Bennett, William Sterndale | Bennewitz, Peter | Benoán | Benois, Aleksandr Nicolajevi | Benoît, Pierre | Benoni | Benposta