Benue
Benue
Río da África Occidental, afluente do Níxer pola esquerda. O seu réxime é pluviotropical. Nace no macizo de Adamauá, no Camerún, flúe cara ao N ata Garoua, onde vira ao O penetrando en Nixeria e atravesando unha gran depresión ata a súa desembocadura no Níxer, logo dun percorrido de 1.400 km. Ao N de Camerún está o parque nacional de Benue, limitado ao N e ao L polo río Benue.