Benveniste, Émile

Benveniste, Émile

Lingüista. Catedrático de Gramática Comparada no Collège de France e secretario da Societé de Lingüistes de Paris. Adscríbese á corrente estruturalista. Fixo importantes achegas ao eido da Gramática Comparada, no que destacou polo seu dominio do indoeuropeo. A importancia dos seus traballos débese, por unha banda, ao seu interese pola cultura dos pobos, que supuxo unha reformulación da lexicografía anterior e da semántica, que tradicionalmente privilexiaba como obxecto de estudo os aspectos puramente fonolóxicos e, pola outra, á súa agudeza filolóxica, que o levou a empregar rigorosas análises textuais como base das súas hipóteses, e a verificalas por medio da nova luz que lanzaban sobre os textos. Posteriormente, foise orientando cara á Lingüística Xeral, atendendo a aspectos concretos da Morfoloxía, Sintaxe, Lexicografía e Semántica, a miúdo cuestionando as metodoloxías e orientacións teóricas tradicionais. Nesta área cómpre citar a súa achega ao debate sobre o principio de arbitrariedade do signo lingüístico de Saussure. Publicou: Essai de gammaire sogdienne (1929), The persian religios according to the chief Gr. Texts (1935), Origines de la formacion des noms en i.-e (1948) e Problèmes de lingüistique générale (1965), entre outros estudios.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Alepo, Siria

  • Deceso

    Lugar : París