beothuk
beothuk
-
adx
Relativo ou pertencente aos beothuks.
-
s
Individuo do pobo beothuk.
-
s
[ETN/LING]
Pobo indio de América do Norte que habitaba a illa de Terranova. Extinguiuse en 1829, despois de que os indios micmac e os europeos ocupasen a illa no s XVIII. Diferenciábanse considerablemente dos pobos veciños tanto polas súas características biolóxicas como pola súa cultura material. Algunhas hipóteses inclúen a súa lingua dentro da familia algonquina, malia non ser moi coñecida.