Berango

Berango

Municipio do territorio de Bizkaia, Euskadi, 18 km ao NO de Bilbao (4.645 h [1996]). Está situado na conca do Nervión e forma parte da área urbana de Bilbao. Altérnanse os usos residenciais e industriais. Na parte montañosa do termo predomina o poboamento espallado nos casaríos tradicionais, mentres na parte baixa hai urbanizacións e naves industriais. O principal sector de actividade é o secundario, no que destacan as ramas metalúrxica e de tratamento de residuos. Atopáronse restos megalíticos (dolmes e mámoas). Na Idade Media, as loitas entre as familias señoriais marcaron a evolución do lugar; as tres familias con casa no actual termo protagonizaron diversos enfrontamentos que se polongaron ata o s XVI. A vila participou activamente nas guerras civís do s XIX, sendo un destacado núcleo carlista.