berberidáceo -a

berberidáceo -a

(< lat Berberis, xénero de planta)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á familia das berberidáceas.

  2. s f [PLANTA]

    Planta da familia das berberidáceas.

  3. s f pl [PLANTA]

    Familia de plantas herbáceas ou leñosas da orde das ranunculais, de dimensións e presenza ben distintas, propias dos países temperados do hemisferio norte, especialmente de Asia e de América. Algunhas empréganse como plantas ornamentais, outras teñen rizomas comestibles, e a resina dalgunhas especies ten propiedades purgantes e eméticas. A esta familia pertence o xénero Berberis.

Palabras veciñas

berberecheiro -ra | berberecho | Berberia | berberidáceo -a | berberina | Berberis | berberisco -ca