Berdoias, Mámoa de

Berdoias, Mámoa de

Situada na parroquia de Berdoias (Vimianzo), popularmente coñécese co nome de Caseta dos Mouros ou Dolmen de Freáns. Está rodeada dunha pequena mámoa e ten planta rectangular, formada por tres chantas e a tampa. A cámara ten unhas dimensións aproximadas de 2,70 m no eixe L-O. Non se teñen noticias de achados no seu interior. Na superficie interior dos esteos aparecen gravados motivos cruciformes e coviñas. Pola forma e magnitude desta mámoa pertence ao Megalitismo de apoxeo.

Palabras veciñas

Berdiñas, José Ramón | Berdjanske | Berdoias | Berdoias, Mámoa de | Berducido | Berdullas del Río, Jorge | Berdún