Berducido

Berducido
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe galega que se estableceu na casa de Pedreira en Soutomaior. Leva como armas un carballo con dúas serpes aladas, un lebreiro sinistrado ao seu pé e un home collendo as serpes coas súas mans en actitude de afogalas.