Berenguer y Fusté, Dámaso
Berenguer y Fusté, Dámaso
Foi ministro da Guerra en 1918 e alto comisario en Marrocos. Foi considerado como un dos responsables do desastre de Annual (1921) polo que foi separado do exército. Amnistiado en 1927, en 1930 sucedeu a Primo de Rivera á fronte do goberno coa misión de restaurar o réxime constitucional; sen embargo, dimitiu ao ano seguinte e pasou a ocupar o ministerio da Guerra no novo goberno Aznar (14.2.1931). Proclamada a República (14.4.1931), foi procesado e condenado polos fusilamentos de Jaca; sería novamente amnistiado en 1934. Publicou De la ditadura a la República (1946).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : San Juan de los Remedios, Cuba -
Deceso
Lugar : Madrid