berete
berete
Nome científico:
[Aspitrigla obscura, Famdos tríglidos]
s
m
[ANIMAL/ICT]
Peixe mariño de corpo alongado e rostro pouco escotado, que pode acadar os 35 cm de lonxitude. O segundo radio da primeira aleta dorsal é espiñoso e moi longo, e as aletas pectorais non chegan ao inicio da aleta anal. É de cor vermella, cunha liña prateada nos lados, o ventre claro e as aletas pectorais de cor violácea. Vive en bancos de area e pódese atopar preto da costa ou lonxe, a grandes profundidades.