Berezina
Berezina
Río de Bielorrusia, afluente do Dniéper pola dereita. Pasa por Borisov, Berezino e Brobrujsk, e desemboca ao N de Rečica, logo dun percorrido de 613 km e de drenar unha conca de 24.500 km2. A canle do Berezina, actualmente en desuso, foi construída ao principio do s XVIII para facilitar o transporte de madeira dende Minsk ata o porto báltico de Riga.