Bergmann, regra de

Bergmann, regra de
[BIOL]

Primeira regra térmica ecolóxica definida no 1847 para as subespecies ou razas xeográficas de animais homotermos e que establece que estas teñen un tamaño maior canto máis baixa sexa a temperatura media do ambiente no que viven. A regra tamén se cumpre en animais do mesmo xénero e tense empregado para interpretar o maior tamaño dos mamíferos do Terciario, era xeolóxica de clima máis frío, en relación ás formas actuais máis pequenas. A mesma relación entre tamaño e temperatura obsérvase para outros grupos de seres vivos como algas, rizópodos, radiolarios, hidrozoos, crustáceos, moluscos e insectos. A regra de Bergmann interprétase como unha expresión do equilibrio enerxético no que os animais máis corpulentos teñen unha menor relación superficie/volume e, xa que logo, están en mellores condicións para regular a temperatura.

Palabras veciñas

Bergman, Torbern Olof | Bergmann, Anton | Bergmann, Ernst von | Bergmann, regra de | Bergognone | Bergondo | Bergondo